martes. 16.09.2025
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para as actividades culturais e deportivas municipais de Camariñas

triptico actividades camariñas 25-26 exterior
Aberto o prazo de inscrición para as actividades culturais e deportivas municipais de Camariñas

O Concello de Camariñas abre hoxe, martes 16 de setembro, o prazo de inscrición para as súas actividades culturais e deportivas municipais para o curso 2025-2026. A data límite para anotarse é o martes 30 de setembro e o inicio da programación está previsto para o mércores 1 de outubro.

As opcións culturais inclúen: baile, danza coreográfica, baile latino, baile moderno, baile galego, música tradicional, música moderna, debuxo, coro municipal e a escola de palillo.  

En canto ás deportivas, hai opcións para menores como Educación Física Concello Activo, Escola de Fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo, baile deportivo, actividades náuticas, Club Náutico de Camariñas e para adultos, Concello Activo Sénior, ioga, pilates, RelaxGim e ximnasia de mantemento.

Por outra banda, a ANPA CEIP O Areal de Camariñas e a ANPA CEIP da Ponte do Porto ofrecen diferentes actividades extraescolares para este curso, que se desenvolverán de luns a venres. 

O Concello estableceu diferentes bonificacións nas taxas das actividades. Non pagarán: os perceptores de RISGA ou con informe favorable dos Servizos Sociais á exención, o terceiro ou máis fillos dunha familia numerosa. Os maiores de 65 anos gozaran dun 50% de bonificación nas actividades físicodeportivas. 
 

Comentarios