Venres. 19.04.2024
El tiempo

Alicia Ogando, María Oanes e Laura Rodríguez, 3 sanitarias que son Camariñas

3 sanitarias son Camarinas
Víctor Fdez. Alves entrevistou a estas 3 sanitarias camariñás
Alicia Ogando, María Oanes e Laura Rodríguez, 3 sanitarias que son Camariñas

Despois de coñecer polo miúdo a Víctor Fdez. Alves, continúa en marcha o proxecto Eu son Camariñas, que nos permite, a través de profundas entrevistas, darlle voz a personalidades da vila do encaixe.

As protagonistas nesta ocasión son a pediatra Alicia Ogando, a coidadora María Oanes e a enfermeira Laura Rodríguez. Tres sanitarias, de tres campos distintos, que nos veñen a contar a súa experiencia ao longo destes últimos meses convulsos e que nos dan a súa visión dende dentro desta situación de pandemia.
Tamén  falan do Club Balonmán Encaixe Camariñas no que militaron as tres e no que chegaron a formar parte da mesma aliñación no seu momento.

Podedes ver as entrevistas en eusoncamarinas.es. A verdade é que dá gusto escoitar o sotaque camariñán pero hai relatos que doen.

Descrición

Alicia Ogando estudou o grao en medicina na USC e continuou formándose para ser pediatra. A día de hoxe está a cursar o MIR que a levou a traballar no CHUAC tratando a nenos, e nos últimos meses, debido a situación de pandemia, tratando a enfermos da COVID. A súa visión móstranos como son esa toma de decisións coa responsabilidade de ter a vida dos pacientes nas túas mans e a presión que isto supón no día a día.

María Oanes estudou técnico en atención a persoas en situación de dependencia no CIFP Anxel Casal na Coruña e leva anos a traballar con persoas con capacidades especias. A súa experiencia narra como foron eses momentos de encerro no que os pacientes non podían ver aos seus familiares nin case saír do complexo no que viven, mostrando un exemplo de resiliencia para todos nos.

Laura Rodríguez estudou o grao en enfermería na USC e exerce a profesión dende hai anos no complexo hospitalario da Coruña e, durante esta pandemia, estivo nunha das UCIs especiais designadas para a COVID. A súa experiencia narra o trato directo cos pacientes, a evolución do día a día e a superación dos numerosos momentos críticos que tivo que vivir nestes meses tan complexos.

Novas relacionadas

Comentarios