O alumnado da USC fará as prácticas realizando os vídeos da Mostra de Encaixe Virtual
- A Mostra busca modelos
De cara á Mostra do Encaixe Virtual desta Semana Santa, o Concello de Camariñas segue movendo fíos. Vén de conseguir un convenio coa UDC para a realización dos vídeos do certame de Jovenes Deseñadores para esta edición telemática centrada na promoción da artesanía local.
Deste xeito, os alumnos e alumnas do grao de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña (UDC) farán as prácticas na realización dos vídeos da segunda Mostra Virtual. As gravacións comezarán en breve e levaranse a cabo en diferentes localizacións do Concello de Camariñas coa finalidade de promocionar a aplicación do encaixe na moda e a vangarda a través das coleccións dos Jóvenes Deseñadores e á súa vez as paisaxes do municipio.
Busca de modelos
Actualmente a organización da Mostra do Encaixe está a buscar modelos de Camariñas para participar nos vídeos e calquera persoa que estea interesado ou interesada en participar pode comunicalo por correo electrónico en [email protected] ou no teléfono 653 265 529.
Novas relacionadas
- Febreiro 2021: A Mostra do Encaixe terá unha nova edición virtual, centrada na comercialización, durante Semana Santa.
- Xaneiro 2021: A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas será en outubro.
- Abril 2020: A primeira Mostra do Encaixe Virtual chegou a máis de 230.000 de todo o mundo
- Mostra 2019: O relevo xeracional, protagonista nunha Mostra de Encaixe de tradición e vangarda.