Venres. 29.03.2024
El tiempo

O antigo colexio de Xaviña convertirase na Casa do Maior

Antigo cole de Xavina
O antigo colexio de Xaviña convertirase na Casa do Maior

Acordou onte a Xunta de Goberno Local de Camariñas abrir a posibilidade de que o antigo colexio de Xaviña (desafectada en 2020) se convirta nunha Casa do Maior. Esta modalidade quedaría pendente do financiamento da Consellería de Política Social, e o interese dalgunha entidade promotora.

O prazo de presentación de ofertas xa está aberto e unha das condicións que se establecen é o compromiso das persoas promotoras de realizar as obras necesarias para a adaptación do inmoble e a dotación do mobiliario necesario para adecuarse ao establecido na convocatoria. Ademais, a duración máxima de autorización de ocupación será de 5 anos.

Rematados os traballos de renovación do pavimento en dous viais de Xaviña

Pavimentación estradas Xaviña

Rematados os traballos de renovación do pavimento en dous viais da parroquia de Xaviña: o camiño de Agra de Bouzas e a pista que vai do Pedrouzo a Gándara. O orzamento para estes traballos foi de 39.592,19 euros cofinanciados cunha subvención do Agader (a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) de 32.720,82 euros.

Os traballos incluíron a roza da maleza das cunetas así como a limpeza e perfilado das mesmas. Posteriormente, preparouse o firme a pavimentar estendendo unha capa de zahorra artificial sobre as zonas con fochancas para nivelar o firme e despois reasfaltar os camiños cunha capa de aglomerado asfáltico en quente.
 

Comentarios