Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Apostando por mercar na casa

Apostando por mercar na casa
Camarinas merca no seu Concello

Nestes tempos de Nadal, de consumo, de compras, é fundamental saber onde gastamos os cartos. Un feito que vai máis alá de saber investir, e atinxe directamente á nosa responsabilidade como cidadáns, fomentando ou non as boas prácticas. Un dos baremos que podemos realizar á hora de mercar, é pensar en local, pensar que o que invista en casa, queda en casa.

E nesa liña o Concello de Camariñas, co cofinanciamento da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria e a colaboración da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, organiza unha campaña de “Incentivación ao consumo no mercado e comercios 2014”, con actividades que se desenvolveran dende este final de mes de novembro.

Esta campaña chamase “Merca no teu Concello, merca en Camariñas” e constará de varias actividades:

  • Xuntanzas de formación e información para comercios do concello e o mercado municipal para a promoción dunha rede de traballo e a organización de actuacións que impulse as vendas. Serán os días 18 e 25 de novembro na Casa de Pedra ás 19:30h (ver programa).
  • Actividades co mercado municipal: Nas datas da campaña, as persoas que compren no mercado poderán degustar algúns dos seus produtos elaborados polas placeiras e serán agasallados con bolsas de promoción do mercado municipal.
  • Durante a Campaña a praza do Mercado e algunhas zonas de Camariñas estarán engalanadas e proporcionarán información sobre o programa.
  • Realizarase cos comercios adheridos a esta campaña e á rede unha actividade chamada A Busca do Tesouro onde os clientes poderan participar e levar un premio de 200€ para gastar nos comercios participantes. Todos os comercios participantes lucirán un distintivo para que o cliente poda identificalos.
  • Os comercios realizarán descontos de entre o 10% e 0 30% nos seus establecementos durante as datas de campaña que se inicia o sábado 29 de novembro.
  • Ruta das tapas “Como outono” realizarase nas datas da campaña coa colaboración da hostalería de Camariñas e as súas parroquias.
  • Concurso foto tapas Como outono. Realizarase durante a campaña un concurso nas redes sociais con premios para as tres fotos seleccionadas por su calidade ou simpatía.

Pode participar en este programa todos os comercios do Concello que asinen a solicitude de participación na xuntanza do 18 de novembro ás 19:30h na Casa de Pedra de Camariñas.

O mar de Camariñas para os escolares

Ademais, unha boa proposta chega ás escolas, pois os alumnos de Primaria do Concello coñecerán Unidade Didáctica elaborada no marco do proxecto “Camariñas, o mar todo” que leva por título “Descubrindo a cultura mariñeira de Camariñas”. Un xeito de coñecer a súa realidade salgada.

Unidade didactica sobre a Cultura Marineira de Camarinas

Novas relacionadas

Fonte

  • Camarinas.

Comentarios