Armando o #MacroLegadodoTibu
Xa está en marcha. Os armadanzas do #LegadodoTibu, Damián Pereira, o Tiburón, e mais Felipe Santos, están liando un gran chapuzón. A idea é que o 12 de xullo, a praia de Xaviña acolla o Macro Legado do Tibu, onde empezo todo. Que vos parece, apetécevos un chapuzón todos xuntos?
Como a cousa vai moi amateur, están intentando contactar con algún grupo que se anime a tocar de balde, e a idea é aproveitar para vender ducias de camisetas para facer unha fermosa doación solidaria.
A cousa pinta ben. Agora toca animarse!!
Camisolas solidarias á venda
Xa saben que o Tibu e o seu equipo están armando unha campaña solidaria, recordando a orixe deste xogo, que en Estados Unidos nacía con fins solidarios para axudar a un rapaz con cancro. Aquí, e a base de camisolas, os fondos que recauden tamén se destinarán para loitar contra o cancro.
Estes son os puntos nos que vos podedes facer con unha camiseta:
- Corcubión: Chuminadas O Rollo.
- Carnota: Estanco.
- Vimianzo: Bar Bibendun.
- Cerceda: Bar Tinaxas.
- Santa Comba: pub london.
- Carballo: Carpediem Carballo e American Dreams.
- Camariñas: Loterias Bolbotera.
- Coruña: poden contactar con Alberto Trillo Rodríguez e Elvis Romeu Caamaño.
- Santiago: poden contactar con Daniel Pereira Martinez.
Novas relacionadas
- O #LegadodoTibu asalta os medios de toda España.
- A viralidade do #LegadodoTibu chega á política e á cultura costeira.
- #OLegadodoTibu arrasa na rede costeira.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).