Martes. 15.10.2024
El tiempo

Arou enteiro berrou "Esta casa non se tira"

Manifestacion arou vivenda
Arou enteiro berrou "Esta casa non se tira"

Centos de persoas acompañaron á familia da Lagoa, en Arou, cuia casa sofre unha orde de derrubamento por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Unha herencia dos tempos do "ti vai facendo" en materia de urbanismo, na que a irresponsabilidades dos nosos políticos acaba provocando situacións tan inxustas coma esta.

A familia, con dous nenos de 8 e 12 anos, facía unha chamada e a veciñanza respondeu cunha manifestación das que non se recordan.

Concentrábanse na Casa cultural de Arou, que quedou pequena, e foron andando ata a vivenda, na zona da Lagoa berrando alto o ”Esta casa non se tira”. Unha pancarta con "Non ó derrube" lucía no balcón.

A familia lembrou que a vivenda leva máis de 25 anos construída, e que hai 11 casas máis en solo rústico. Son máis de 20 anos de periplo xudicial intentando legalizar a súa vivenda, e esperan que 

Comentarios