Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Balonmán Camariñas vive un proceso de relevo xeracional

Balonman Camarinas dende 1995
O Balonmán Camariñas vive un proceso de relevo xeracional

Está a ser un ano de cambios na familia do Balonmán Camariñas. Por primeira vez en 20 anos non saía a competir o equipo sénior masculino, o que lle serve ao club para reestruturarse.

Unha reorganización que nace da canteira, da mocidade camariñá, que toma o mando do club acompañando ao presidente Andrés Cerdeiras Lemus. Así, novos profesionais da vila toman cargos de responsabilidade e dirección iniciando un proceso de relevo xeracional na directiva.

A nova coordinadora de actividades, Nerea López Lijó (Camariñas,1994) é mestra, técnica superior de actividades deportivas e adestradora territorial de balonmán: “coa ilusión e a forza que caracteriza a mocidade, tentaremos dar un novo impulso que permita ao club volver a ocupar o lugar que lle caracterizou durante tanto tempo”.

Xabier Canosa Ferreira (Camariñas, 1991), técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas e adestrador territorial de balonmán, é o encargado das categorías base.

O equipo sénior feminino está dirixido por Alberto Mas Álvarez (Camariñas, 1989), graduado en INEF e tamén adestrador territorial.

Outro exemplo da traxectoria vital ligada ao club é a do camariñán Juan Ramón Canosa Ferreira, xogador primeiro e posteriormente adestrador do equipo sénior masculino, que chegou baixo as súas ordes a militar na categoría 1ª Nacional. Actualmente tamén forma parte da Directiva.

Canteira

”Toca volver a escoitar as voces dos nenos e nenas enchendo as tardes do polideportivo municipal, seguindo como ata o de agora co cumprimento estrito das medidas e recomendacións hixiénico-sanitarias”, sinalan dende un club que sempre apostou pola xente da casa.

Dende o club, conscientes e agradecidos do “incondicional apoio do Concello de Camariñas”, espera que este 2022 sexa un antes e un despois no club.

Novas relacionadas

Comentarios