Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas non sacará equipo sénior masculino por primeira vez en máis de 20 anos

Bm Encaixe-Camarinas
O BM. Encaixe non falta a súa cita coa competición e xa gañou o seu primeiro partido desta campaña
O Bm. Camariñas non sacará equipo sénior masculino por primeira vez en máis de 20 anos

Tivo que tomar unha decisión complicada o Balonmán Camariñas esta pasada semana: non saír a competir na 1ª Nacional masculina. Dende mediados dos 90 que o equipo sénior non faltaba á súa cita coa competición. Este ano, como aseguraban os responsables onte en Radio Nordés-Cadena Ser, houbo que parar e reflexionar, ante a falta de efectivos que tiña o equipo.

É ano para apostar pola base (vai haber diferentes categorías) e polo equipo feminino, un Bm. Encaixe que arrincaba a 1ª Autonómica a semana pasada con vitoria por 25.-8 ante todo un Teucro. Este sábado debutan na casa, o sábado ás 17:15 no Pavillón Víctor Vigo ante outro mñitico do balonmán alego: o Lavadores Vigo.

Mentres, dende o club seguen buscando patrocinadores para poder competir ao mellor nivel esta campaña.

partido BM Encaixe.Lavadores

Comentarios