Branca Vilela presenta a súa última obra con Mar de Fábula en Camelle

07:50 25/08/25
O vindeiro xoves 28 de agosto, ás 20:00h, a sede de Mar de Fábula en Camelle acolle a presentación da última obra de Branca Vilela, “Ultreia no Camiño Inglés: A Misión do Ara Solis”.
A historia dunha nena que, levando ás súas costas unha importante misión, emprende a longa andaina do Camiño Inglés a Compostela na que fará amigos, enfrontará perigos, misterios e unha maldición que leva séculos agardando ser resolta. Unha historia de ecoloxía e amizade para salvar o mar na que Mar de Fábula sinte formar parte coma un capítulo máis.