mércores. 30.04.2025
El tiempo

A camariñá Águeda Antelo estrea libro infantil

Agueda Antelo co seu libro Un viaje por el espacio
A camariñá Águeda Antelo estrea libro infantil

A camariñá Águeda Antelo acaba de presentar o seu libro Un viaje por el espacio’. Un libro que xorde a raíz do Traballo de Fin de Máster de Psicoloxía Aplicada a Contextos Educativos, despois de ter rematado o Grao de Educación Infantil. O traballo consistía en facer unha intervención no proceso de organización na escritura de contos nos nenos e nenas de Educación Infantil e ela decidiu levala a cabo nas aulas de 5 anos dos colexios de Camariñas e de Ponte do Porto.

“Para facer o traballo necesitaba un tema que me dese moito material e por iso decidín escoller o espazo cos seus planetas, asteroides, marcianos... Foron 8 semanas de intervención no colexio de Camariñas e eu, cada día que chegaba, contáballes aos nenos e nenas un pouco da historia do meu libro e a partir de aí traballábamos diversas actividades relacionadas co espazo. Toda a intervención ía unida a unha historia coa que eles estaban familiarizados”, indica a autora.

Para espallar a obra, e na Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña fará entrega dun exemplar aos nenos e nenas da Escola de Palillo municipal. A entrega do agasallo, na que participará a propia autora, terá lugar o sábado, 19 de abril, a partir das 13:30 horas cando remate o sempre emocionante e divertido desfile do PequEncaixe.


 

Comentarios