luns. 12.05.2025
El tiempo

Camariñas acolle a I feira naútica e de ocasión os días 2 e 3 de setembro

Camariñas acolle a I feira naútica e de ocasión os días 2 e 3 de setembro
Os días 2 e 3 de setembro, as instalacións do clube naútico de Caamariñas acollerá a I feira naútica e de ocasión - FENACAM . organizada polo clube naútico da vila que tivo que modificar as datas de celebración por cuestións de loxística e infraestructuras. Nesta primeira feira náutica estarán repesentadas empresas de diversos sectores e co denominador común de expoñer productos e servizos relacionados coa náutica, que estarán ubicadas baixo carpa e en stands. Ademáis haberá un espazo para o "mercadillo" de segunda man no que os particulares poderán expoñer os seus artigos. Todas as empresas e particulares interesados en poder expoñer nesta I Feira Náutica de Camariñas poden poñerse en contacto coa organización a través do correo electrónico cncamarinas@cncamarinas.com ou no número de teléfono 618 950 557. Tamén poderán expoñer empresas e particulares as súas embarcacións que desexen presentar para a venda, e que estarán ubicadas nunha zona especial dos pantaláns do clube náutico.  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios