Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Camariñas agarda o desembarco de Alfonso IX

Encaixe no Camino-Foto-Avantetoda
Imaxe dunha edición anterior-Foto-Avantetoda
Camariñas agarda o desembarco de Alfonso IX

Como cada ano dende o 2016 a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas prepara a VII edición do evento “O Encaixe no Camiño”. Trátase dunha feira medieval que recrea o desembarco de Alfonso IX en Camariñas e da dama italiana que segundo a lenda ensinou a palillar.

A festa celebrarase os próximos 28, 29 e 30 de xullo e trae como novidade concerto de música en directo e outras moitas actividades.

Inscrición para postos

Ata o domingo 23 de xullo está aberto o prazo de inscripción para todo aquel que queira ter un posto no mercado. Poderán contactar no teléfono 647608158, 662488253 e no correo electrónico [email protected] para recibir máis información sobre a
inscripción.
 

Comentarios