Martes. 23.04.2024
El tiempo

Camariñas celebrará este domingo ‘Día do deporte na rúa’

DeporteNaRúa1
Camariñas celebrará este domingo ‘Día do deporte na rúa’

Este domingo, 2 de outubro, o Concello de Camariñas, para dar o pistoletazo de saída ao curso, celebrará o ‘Día do deporte na rúa’ na Praza do Mercado. Unha actividade dirixida a todas as familias que queiran desfrutar dunha xornada lúdico festiva na que poder participar nos deportes que se organizan no municipio a través das diferentes entidades deportivas.

O horario será de 11 a 13:30h pola mañá e de 16 a 19h en horario de tarde. Os rapaces e rapazas poderán desfrutar, xunto coas súas familias, do ciclismo, fútbol, balonmán, judo, xadrez e tenis de mesa, así como circuítos de seguridade viaria (con patinete, patíns ou bicicleta) e demostracións de primeiros auxilios.

Ademais tódolos participantes posuirán unha tarxeta que poderán ir selando cada vez que participen nunha estación, conseguindo un agasallo ao completar a participación en tódolos deportes.

DeporteNaRúa2

Comentarios