Camariñas exporta Acción Costeira a Rumanía

Seguen diferentes comunidades europeas tomando nota de varios proxectos de desenvolvemento rural desenvoltos en Camariñas. Temos falado do Proxecto REN, do que 5 zonas europas, Camariñas entre eles, intercambian experiencias. A familia costeira ten moito que exportar e tres proxectos falan por si sós: o programa turístico “Camariñas, o mar todo”, a implantación de contenedores de compostaje e o programa de dinamización do Faro Vilán. Son programas enfocados á diversificación dos sectores económicos, pasando de depender exclusivamente da pesca, a fomentar outros motores como é o turismo.

Paralelamente, unha delegación do GAC do Delta do Danubio visita esta fin de semana Camariñas para coñecer in situ os proxectos desenvolvidos coa cofinanciación do GAC 3 - Costa da Morte, neste caso o “Camariñas, o mar todo” e o “Desenvolvemento da Praia de Ariño”. Tamén será informada do proxecto de dinamización do Faro Vilán, e terán unha vista á conserveira Industrias Cerdeimar, que conta cun proxecto aprobado tamén polo GAC para a creación do Museo da Conserva. Ademais, da man de Dores Bermúdez, presidenta da Cofradía de Camariñas, coñecerán as obras realizadas na praia de O Ariño.

Un repaso á visita “REN”

Pola súa banda, durante o encontro en Croacia, as delegacións dos cinco países membros do proxecto REN, tiveron a oportunidade de compartir información sobre empresas e iniciativas das administracións locais dirixidas a valorizar e desenvolver os municipios situados no medio rural, especialmente a desenvolver unha produción sostenible mediante a preservación do medio natural e a creación de mercados locais. Os visitantes coñeceron en Buzet as industrias trufera, vinícola e aceitera que son, xunto co turismo, Os principais sectores do municipio croata. A guinda do pastel foi a participación no que se coñece como o Truffle Hunting, ou procura de trufas con cans adestrados, un exemplo excelente do turismo vivencial, un tipo de turismo que se proxecta desenvolver en Camariñas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Camariñas.