Xoves. 09.07.2020
El tiempo

Alumnos da Ponte do Porto volven ao futuro por Europa

Alumnos da Ponte do Porto volven ao futuro por Europa
Alumnos do IES Ponte do Porto participaran nun encontro europeo

Que importante é saír a ver mundo para aprender outras formas de sociedade, outras formas de ver a vida. Pois desta volta encántanos ver, como hoxe, mércores día 18 de marzo, un grupo de 10 alumnos de 3º da ESO e dous profesores do IES Pedra da Aguia de A Ponte do Porto (Camariñas), emprenderá viaxe rumbo á pequeña localidade italiana de Scandiano (cerca de Bolonia) para participar nun Encontro Europeo que, baixo o título “Back to the future”, pretende poñer en contacto experiencias pasadas e presentes dos participantes na mesma.

Delegacións de Gran Bretaña, Bélxica, Rep. Checa, Letonia, Croacia, Suecia, España e Italia formarán parte deste Encontro, no que haberá unha exhibición fotográfica, diferentes obradoiros, conferencias e actuacións en directo.

A duración destas xornadas prolongarase ata o domingo 22 de marzo e nelas autoridades municipais, políticos europeos, empresarios e estudiantes mixturaranse para dar a coñecer as súas inquedanzas dentro do marco europeo.

Os rapaces de Camariñas, ademais de participar nos obradoiros, teñen pensado presentar tres videos: o primeiro sobre Galicia; o segundo, sobre Camariñas; e o terceiro, feito por eles mesmos, sobre o Instituto. A súa participación rematará coa actuación en directo bailando dúas muiñeiras.

Que gañas temos de ver eses vídeos. Así que esperamos a ver que experiencias nos contan á súa volta!

Novas relacionadas

Fonte

<

comentarios