Venres. 10.07.2020
El tiempo

Camariñas recibe a Europa en clave de innovación rural

Camariñas recibe a Europa en clave de innovación rural
Proxecto Europeo Ren en Camarinas sobre innovacion no Rural

Continúa Camariñas participando no Proxecto Europeo REN, e estes vindeiros 4 e 5 de marzo convertiranse en anfitrións dun nutrido grupo internacional formado por máis de 50 persoas. De Suecia, Finlandia, Croacia e Italia, e tamén de Vila de Cruces, achegaranse á vila do Encaixe para participar no primeiro encontro da Rede Rural Europea, nunha cita á que todo o pobo está invitado.

Terá lugar a presentación de 20 empresas e actividades innovadoras desenvolvidas en zonas rurales dos 8 municipios socios do proxecto. As presentacións e grupos de traballo terán lugar na Casa de Pedra de Camariñas e desenvolveranse en inglés.

Este encontro europeo será unha das actividades incluídas no proxecto REN, rede rural europea nas súas siglas en inglés, financiado polo programa Europa para a Cidadanía, que terá unha duración de dous anos e cuxo principal obxectivo é coñecer alternativas económicamente viables ao desemprego e á perda de poboación dos municipios socios.
Ademais, o proxecto supón a continuación da colaboración entre os municipios de Camariñas e Borgotaro (Italia) e a Diputación da Coruña tralo proxecto YPAD, mocidade e desenvolvemento, que reuniu fai dous anos na vila do encaixe a máis de medio centenar de mozos europeos de catro países.

Os visitantes estranxeiros, que estarán en Camariñas do 3 ao 6 do próximo mes, coñecerán durante o municipio camariñán visitando o faro Vilán, o Cemiterio dos ingleses, o Museo do Encaixe, a vila de Camariñas e a conservera Cerdeimar.

Recientemente creáronse a web do proxecto www.renproject.eu e os perfís nas redes sociais www.facebook.com/renprojecteu e o twitter @renprojecteu.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Camariñas.

comentarios