Camariñas non esquece o 130 aniversario do Serpent

Ofrenda floral polo 130 aniversario do afundimento do Serpent no Cemiterio dos Ingleses

Esta noite de 10 de novembro de 2020 non se poderá, por culpa da pandemia, celebrar o emotivo acto anual da Real Liga Naval Española de homenaxe ao Naufraxio Serpent. Nin a singular e emocionante representación teatral de Aantena. Pero o Concello de Camariñas non quixo deixar pasar a data deste 130 aniversario do afundimento do buque británico, e a alcaldesa, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes, levaron un ramiño de flores para facer unha simbólica floral no Cemiterio dos Ingleses.

Unha homenaxe que serve tamén “para todos os mariñeiros afogados do municipio”, sinalan dende o Concello, dende onde recordan un dos proxectos singulares é o Museo dos Naufraxios, que se pretende instalar na Lonxa Vela e que agardan comece a tomar forma no 2021.

Novas do Serpent

Novas relacionadas cos Naufraxios