Camariñas non esquece o 130 aniversario do Serpent
Esta noite de 10 de novembro de 2020 non se poderá, por culpa da pandemia, celebrar o emotivo acto anual da Real Liga Naval Española de homenaxe ao Naufraxio Serpent. Nin a singular e emocionante representación teatral de Aantena. Pero o Concello de Camariñas non quixo deixar pasar a data deste 130 aniversario do afundimento do buque británico, e a alcaldesa, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes, levaron un ramiño de flores para facer unha simbólica floral no Cemiterio dos Ingleses.
Unha homenaxe que serve tamén “para todos os mariñeiros afogados do municipio”, sinalan dende o Concello, dende onde recordan un dos proxectos singulares é o Museo dos Naufraxios, que se pretende instalar na Lonxa Vela e que agardan comece a tomar forma no 2021.
Novas do Serpent
- Homenaxe ao Serpent 19: Camariñas aproveita o Serpent como reclamo cunha emotiva homenaxe e un completo programa.
- Homenaxe ao Serpent 2018: A RLNE non fallou a súa emotiva cita co Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2016: O Serpent: Unha homenaxe singular nun espazo singular.
- Homenaxe ao Serpent 2015: Un mar de arte para lembrar os 125 anos do afundimento que nos cambio o nome.
- Homenaxe ao Serpent 2014: A Costa da Morte non esquece o Serpent.
- Miro Villar: O naufraxio do HMS Serpent na novela Cadeas (Premio Xerais 2013) de Xabier López.
Novas relacionadas cos Naufraxios
- O proxecto de creación do Museo dos Naufraxios na Lonxa de Camariñas avanza.
- ç
- As historias dos naufraxios percorren espazos singulares con Aantena.
- 112 anos do City of Agra. Camelle recuperou parte da súa historia salgada
- Camariñas puxo en valor o poder simbólico dos Naufraxios cun potente programa cultural e gastronómico
- Pepe de Olegario: "Recuperar os barcos afundidos na nosa costa é un bo un atractivo para os turistas"
- Fernando Patricio Cortizo reivindica a descuberta das serpes do Serpent