Martes. 12.11.2019
El tiempo

Camariñas puxo en valor o poder simbólico dos Naufraxios cun potente programa cultural e gastronómico

Camariñas puxo en valor o poder simbólico dos Naufraxios cun potente programa cultural e gastronómico
Fernando Patricio Cortizo con Juan Carlos Canosa Fernando Patricio Cortizo con Juan Carlos Canosa no Bar Paella Tapa da Ruta dos Naufraxios de Camarinas Tapa da Ruta dos Naufraxios de Camariñas

A data ideal tería sido a fin de semana pasada, coincidindo co aniversario do afundimento do Serpent. Pero só os bravos da RLNE se atreveron a manter a súa simbólica homenaxe, mentres o Concello prefería adiar o completo programa de actividades que pretende afianzar esta data, e que serve para poñer en valor e aproveitar turísticamente o potencial cultural que temos na bisbarra arredor dos naufraxios.

Da man de María José Gerpe, concelleira de Turismo, o Concello artellaba unha completa fin de semana, con propostas gastronómicas e culturais.

Deu a ruta das tapas "Naufraxios" un salto este ano, tanto na calidade das mesmas como no movemento que houbo na vila. Notouse a implicación do sector hostaleiro, que quedou contento porque foi xente que non era clientes habituais. Participaron establecimentos de Camelle (3), Ponte do Porto (5), Xaviña (2) e Camariñas (9).

En clave cultural, o venres 16 centrouse o programa en Camelle, e comezaba o programa co relatorio "Naufraxios e rescates en Camelle”. Quixo Fernando Patricio Cortizo levala charla ao Bar O Paella, un clásico de partidas de xente do mar, que propiciou un rico debate ao remate da ponencia.
Despois tivo lugar na parte de fóra do peirao camellán a representación teatral "Naufraxios en Camelle”, da man de Dequenquén teatro, que representou varias escenas de naufraxios vinculados a Camelle.

O sábado a cousa desprazouse á confraría, coas charlas sobre “Naufraxios: patrimonio e creatividade". Nada menos que dous dos persoeiros que man saben do tema, como Miguel San Claudio e Rafael Lema, fixeron completas reflexións sobre o patrimonio subácuático dos pecios da Costa da Morte.

Miguel San Claudio en Camelle Miguel San Claudio na confraría de Camariñas

Xa pola noite, e no mesmo Cemiterio dos Ingleses, nunha paraxe impresionante, e cun zumbido tremendo pola forte mar reinante, Dequenquén teatro fixo varias escenas de microteatro relacionadas co Serpent. Había un estupendo ambiente na noite camariñá, con presencia ademais dun grupo de xente de Baleares que viñeron á inauguración da exposición do Museo Man de Camelle.

O domingo ademais houbo talleres para nenos, e precisamente varios grupos de alumnos dos centros de ensino do concello están realizando durante a mañá deste luns a ruta dos Ingleses.

Representación teatral de dequenquen Teatro sobre os Naufraxios Representación teatral de dequenquen Teatro sobre os Naufraxios

Exposición no Museo de Man

Ademais, a fin de semana acollía tamén a inauguración da exposición no Museo en Camelle, unha mostra colectiva na que diferentes autores interpretan este concepto a través da pintura, a fotografía e os abanicos, entre os que se atopan algúns de encaixe, de Puri Lema. A exposición está organizada en colaboración coa Conselleria de Cultura, Participació i esports de Baleares e o Institut d’estudis baleàrics grazas ao vínculo existente con Antoni Torrres Martorel, unha persoa moi vencellada ao municipio camariñán desde o desastre do Prestige.

Estará aberta ata o 16 de decembro, e horario de visitas é os mércores e os xoves, de 11 a 14 horas; e de venres a domingos ou festivos, de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas.

Exposicion no Museo de Man de Camelle Exposicion no Museo de Man de Camelle

Novas relacionadas

“A RLNE non fallou a súa emotiva cita co Serpent” — Que pasa na costa

Comentarios