Luns. 19.10.2020
El tiempo

O proxecto de creación do Museo dos Naufraxios na Lonxa de Camariñas avanza

Edificio da Lonxa Vella de Camariñas-Foto-Roberto Rúa
Edificio da Lonxa Vella de Camariñas-Foto-Roberto Rúa
O proxecto de creación do Museo dos Naufraxios na Lonxa de Camariñas avanza
Leva 32 anos a Costa da Morte pedindo un Museo de Arqueoloxía Subacuática, para que todos os tesouros que se atopan nos nosos fondos mariños non se aproveiten turisticamente noutras zonas de Galicia.

O futuro Museo dos Naufraxios de Camariñas podería ser unha solución. O goberno camariñán segue a tomalo como unha prioridade, e a alcaldesa Sandra Insua e a concelleira Encarna Liñeiro veñen de manter unha reunión cos técnicos de Portos de Galicia para avanzar na cesión da titularidade do edificio.

Pois o primeiro paso para a transformación do antigo edificio da Lonxa Vella (baleiro e en estado ruinoso) no Museo ten que ser a cesión da titularidade por parte da Xunta ao Concello. Xa en xaneiro deste ano o Concello facía a petición formal no Parlamento Galego, e a reunión de hoxe serviu para dar un paso máis e concretar os usos que o Concello destinará á Lonxa Vella. Cando se certifique esa cesión, o goberno local enviará por escrito a Portos o proxecto para a rehabilitación do edificio e a modificación do seu uso.

Usos

Ademais de converterse no Museo dos Naufraxios tamén se habilitará no edificio unha sala que albergará conferencias ou cursos formativos. Por outra banda, instalarase unha cafetería que dará uso aos usuarios e usuarias do museo.

Financiamento

A idea é optar, canto antes, a diferentes axudas como as do GALP.

Planta da Lonxa Vella de Camarinas
Planta da Lonxa Vella

Novas relacionadas

comentarios