Mércores. 03.06.2020
El tiempo

Camariñas organizou unha charla sanitaria para empresarios

Así se desenvolveu a charla sanitaria na Casa de Pedra da Camariñas
Así se desenvolveu a charla sanitaria na Casa de Pedra da Camariñas
Camariñas organizou unha charla sanitaria para empresarios

A viva imaxe da mal chamada “nova normalidade” podería ser esta foto da sesión informativa que se realizaba onte na Casa de Pedra de Camariñas. Unha charla impartida hoxe polos inspectores de Sanidade Púbica da comarca de Soneira para representantes de todo o tecido empresarial do municipio (comercio, empresas e hostalaría local).

Charla Sanidade Camariñas 2

Os inspectores fixeron especial fincapé na importancia de extremar todas as medidas de seguridade, tanto as de hixiene personal e uso do material de protección adecuado como as de limpeza e desinfección diaria e frecuente dos establecementos.

”Tivo unha moi boa acollida entre o tecido empresarial local xa que existía certa incerteza sobre a forma adecuada de volver a abrir as súas portas”, explicou Sandra Insua, que apuntou que “o goberno local ten a intención de destacar a Camariñas como un destino seguro, tanto para visitarnos como para mercar nos comercios e negocios ou desfrutar da hostalaría e dos nosos produtos”.

Ademais, os inspectores comprometéronse a elaborar unha guía sinxela e explicativa co conxunto das medidas de seguridade a adoptar e o Concello de Camariñas encargarase de transformala en cartelería para distribuír por todos os establecementos locais.

Novas relacionadas

comentarios