Mércores. 15.07.2020
El tiempo

O Concello invita ao Comercio Local de Camariñas a crear unha Asociación

Representantes do Comercio Local en Camariñas na reunión mantida coa alcaldesa Sandra insua e a concelleira Encarna Liñeiro
Representantes do Comercio Local en Camariñas na reunión mantida coa alcaldesa Sandra insua e a concelleira Encarna Liñeiro
O Concello invita ao Comercio Local de Camariñas a crear unha Asociación

Este xoves teñen charla informativa cos inspectores da Sanidade da comarca de Soneira, pero onte, os empresarios do comercio local de Camariñas mantiveron unha reunión coa alcaldesa Sandra Insua.

Ademais de detallar as medidas necesarias a seguir, analizaron as propostas do Plan de Reactivación Económica impulsado polos ADL de Camariñas e Vimianzo. De feito, unha das que máis interese suscitou entre os comerciantes foi a creación dunha páxina web para a venda online dos seus produtos.

Así mesmo, Insua indicou que nos próximos días se publicarán as bases da liña de axudas que lanzará o Concello e pola que se lle darán 200 euros para sufragar os gastos da compra de EPIS a cada establecemento que tivera que cesar a súa actividade durante o Estado de Alarma e que as solicite.

A Asociación

Por último, como nos contaba na conversa mantida a semana pasada, a rexedora volveu a incidir na importancia de que os comerciantes se asocien para poder xestionar dunha forma rápida e directa as posibles subvencións e axudas que vaian surxindo xa que “é moito máis sinxelo e moito máis efectivo canalizalas a través dunha entidade, polo que quero incentivar ao resto de sectores produtivos a que se asocien dalgún xeito e poder chegar así a todos os niveis”.

Novas relacionadas

comentarios