Martes. 19.03.2024
El tiempo

Camariñas pon en marcha o diverso programa de actividades culturais e deportivas para o curso 2021-2022

Ioga, pilates e palillo xa deron comezo o pasado día 1 de outubro, ás que se sumarán o resto o 2 de novembro.
Programa deportivo Camarinas 21-22
Camariñas pon en marcha o diverso programa de actividades culturais e deportivas para o curso 2021-2022

Arrincou xa a oferta de actividades culturais e deportivas para o curso 2021-2022 no Concello de Camariñas cun amplo compendio. O prazo de inscrición remata o 29 de outubro.

Algunhas, como ioga, pilates e palillo xa están en marcha. O vindeiro 2 de novembro arrincarán o resto, entre as que destacan as que se atopan as exclusivas para a rapazada: ‘Concello activo kids’, para nenos e nenas nacidos e nacidas entre o 2015 e o 2010; fútbol no Campo Municipal de Fútbol Irmás Patiño; Balonmán; cursos de iniciación, intermedios e profesional de vela, bautismos de mar, kaiak, surf, windsurf e paddle surf, xadrez.

No grupo de aulas para todas as idades atopamos a Escola de Música, con opcións de ‘música e movemento’; linguaxe musical; instrumentos; música tradicional; baile galego; danza coreográfica; baile moderno e coro municipal.

Entre as actividades exclusivas para adultos haberá palillo; ximnasia de mantemento; relaxgim; pilates; ioga; zumba e ‘Concello Activo Sénior’. As inscricións presentadas fóra de prazo entrarán en lista de reserva.

Program Deportivo Camarinas 21-22 2

Inscricións

Para solicitar máis información pódese acudir á Biblioteca Municipal de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 horas, ou ben chamar aos teléfonos 981 73 72 34 ou 665 13 44 90. Tamén existe a opción de enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected].
Outro dos puntos no que se pode solicitar información é no despacho de deportes da Casa do Concello, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, chamando ao teléfono 662 51 91 33 ou enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected].
Na sede electrónica as persoas interesadas poden achegar toda a documentación requerida. O usuario deberá solicitar unha carta de pago no departamento de deportes ou na Biblioteca Municipal, e se a persoa usuaria non comunica a baixa voluntaria esixiráselle o pago anual da actividade na que está inscrito.

Comentarios