Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Camariñas prepárase para vivir a mostra do encaixe máis internacional

Camariñas prepárase para vivir a mostra do encaixe máis internacional
Vanse achegando os días para que o pobo de Camariñas se convirta no referente mundial do encaixe. I é que do 1 ao 5 de abril terá lugar a XXV Mostra do Encaixe. O pistoletazo de saída xa o dou a Concello de Camariñas coa presentación do cartel nunha rolda de prensa no Faro Vilán e no que se fixo un adianto do pase de modelos dos alumnos da Escola Municipal de Palillo que lucirán durante o "Pequeencaixe". O alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León, aproveito a presentación para reclamar ás administracións públicas un maior apoio co fin de que "o encaixe siga sobrevivindo". Segundo o rexidor, nas primeiras edicións da Mostra, a Xunta de Galicia subvencionou a feira con 50 millóns das antigas pesetas, o que a día de hoxe serían uns 300.000 euros; mentras que na actualidade concede unha axuda de 13.000 euros. Pola súa banda, a Deputación da Coruña tamén reduciu á metade a súa subvención, xa que anos atrás destinou 120.000 euros para a mostra. A pesares deste panorama económico, o alcalde  insistiu na necesidade de continuar apostando pola Mostra do Encaixe e o sector posto que Camariñas "é a cidade máis importante do mundo do encaixe" tal e como se demostra en todas as edicións do evento coa importante participación doutros países, segundo sinalou Alonso. O alcalde destacou que "o máis importante é trasladar ás palilleiras que sí se pode vivir do encaixe". "Hai que poñer en valor o encaixe para que esta artesanía non desapareza", matizou. Asemade o alcalde recordou durante a presentación o traballo que desde fai séculos realizan as mulleres de Camariñas e que actualmente aínda está moi pouco valorado porque "poden pasar horas palillando para conseguir unha miseria"; ainda que este traballo sempre "se fixo por amor". Este é o motivo polo o cal o concello camariñán adica esta 25 edición do certame á muller palilleira. Pola súa banda, Sandra Ínsua, concelleira responsable da Mostra, insistiu na necesidade de seguir invertindo no certame a pesares dos recortes e da delicada situación actual xa que "a mostra é un aporte económico para o sector do encaixe e para o sector turístico de Camariñas e da Costa da Morte". Orzamento Durante a presentación, deuse conta do orzamento do que se dispón para a realización da mostra. Concretamente son 210.000 euros dos que o 70% proceden dos fondos propios do concello. O importe incrementouse lixeiramente co respecto ás últimas edicións debido á exposición itinerante que se organizou por varias cidades españolas para conmemorar o vintecinco aniversario. Sandra Ínsua agradeu a colaboración dos patrocinadores privados tanto a nivel local coma comarcal, así como a entidades como Abanca que este ano patrocina a pasarela da feira baixo o nome "Pasarela Abanca Encaixe de Camariñas". Outro dos novos colaboradores da mostra é Ferroatlántica. Pasarela O encargado de falar da Pasarela foi o deseñador Franco Quintáns que, por terceiro ano consecutivo, é o director deste evento propio da mostra. Este ano contarán con trece delegacións de países extranxeiros dos que cinco tamén presentarán as súas propias coleccións. Os desfiles dos grandes deseñadores será o principal reclamo da feira e para iso contan coa participación de Emilio Salinas, Rafael Urquizar, Paula del Vas, Esteban Freiría, Ana Cabranes, Modesto Lomba e Franco Quintáns; ademais das firmas de tocados e complementos de Mar Balmon e Janet Schulz. Tamén colabora co certame o catalán Gerad Solá, encargado de alborar a mascota da feira. Franco Quintáns anunciou que durante os pases de modelos haberá unha pantalla na que se proxecten todos os atractivos de Camariñas mentras se exhibe a roupa, xa que o principal obxectivo é "vender Camariñas en todo o seu conxunto". Ademais recuperaránse os modelos masculinos de anteriores edicións e un DJ será o encargado da música. Nesta ocasión, haberá 27 participantes no concurso de Xoves Deseñadores. Recordando que o cartel da Mostra é un corazón feito de encaixe, Franco Quintáns destacou que "toda a montaxe está feito con moito corazón". "O encaixe nace do corazón, faise co corazón e hai que vendelo con moito corazón", engadiu.

Comentarios