Martes. 23.04.2024
El tiempo

Camariñas presenta xa o seu programa de actividades para o curso

Ioga en Arou
Imaxe da actividade de Ioga de verán en Arou
Camariñas presenta xa o seu programa de actividades para o curso

Aínda finalizando as actividades de 'Ioga na praia' e 'Ioga nocturno', que se levaron a cabo nos meses de xullo e agosto nas parroquias, o Concello de Camariñas vén de presentar a súa completa oferta de actividades municipais para o curso 22/23.

Para adultos a oferta inclúe clases de Encaixe de Camariñas (Palilllo), ximnasia de mantemento, Relaxgym, Pilates, Ioga, Rutas BTT, Concello Activo Sénior (destinado a persoas con dificultades físico-motoras que teñen que ser derivadas polo médico de cabeceira), e o taller de memoria.

Para os nenos e nenas a programación incorpora: Escolas de Palillo, Taller de Arte, +EF Concello Activo (para reforzar a mellora da condición física e saúde), Escola de Fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo, Escola de Balonmán do Club Balonmán Camariñas, Actividades Náuticas, Xadrez, Rutas BTT, Iudo e Tenis de mesa.

Ademais, hai música e baile para todas as idades con: Música Moderna (Música e movemento, Linguaxe musical, Guitarra, Piano, Batería e Canto/técnica vogal), Música Tradicional (gaita, acordeón, bombo, tambor e pandeireta), Danza coreográfica, Baile en parella, Baile moderno, Baile galego e o coro municipal.

O prazo de inscrición irá do 12 ao 30 de setembro. As inscricións presentadas irán fora de reserva. Para máis información, na biblioteca municipal, no despacho de Deportes ou na sede electrónica municipal.

O inicio das actividades está previsto para o 3 de outubro en función do horario.

Comentarios