Luns. 07.10.2024
El tiempo

Camariñas tece redes entre as redeiras

Camariñas tece redes entre as redeiras
Mesa de traballo de redeiras en Camarinas

Nunca mellor traído este "Programa InterRedeiras - Mesa de traballo por Portos". I é que a profesión de redeira necesita un paraugas baixo o que cubrirse da crise.

Se ben unhas das máis activas redeiras do país son as de Malpica, por Camariñas tamén están en marcha. Así este vindeiro xoves 14 de febreiro ás 11:00 horas terá lugar no Centro de Iniciativas de Camariñas unha mesa de traballo.
Unha cita á que están invitadas máis de 60 mulleres de Camariñas que xa amosaron o seu interese por formarse nesta profesión, e na que intervirán Rosa Isabel Rodríguez Vidal. Presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesas “O Peirao” e Ángeles Millé Rodríguez. Secretaría da Federación Galega de Redeiras Artesas “O Peirao”.
Ademais de presentar a Federación falarán da necesidade do Asociacionismo no sector do Mar, da Profesionalización do sector e das Acreditacións Profesionais e Formación (cualificación profesional), ademais da diversificación do traballo das Redeiras Galegas. A cita rematará cun coloquio.

I é que esta mesa chega no marco da colaboración entre a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas e a Federacion Galega de Redeiras “O Peirao” nestes anos. Todo co afán de xerar emprego no sector vinculado ao mar.
Nestes anos Camariñas foi sede para a realización da formación solicitada para desempregados e desempregadas dos cursos subvencionados pola Consellería de Traballo pola federación galega de redeiras, pero ata o de agora non foron aprovados. Esta solicitude de formación volverá a realizarse por parte de Federacion “O Peirao” neste exercicio 2013 á Xunta de Galicia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Camariñas.

Comentarios