venres. 17.01.2025
El tiempo

Camelle volve mergullarse esta fin de semana nun Mar de Invernía

Programa Mare e Invernia Camelle 2024
Camelle volve mergullarse esta fin de semana nun Mar de Invernía

O Museo do Man de Camelleacolle esta fin de semana un novo programa cultural artellado pola Asociación Naufraxios Galegos. Durante este sábado 7 e domingo 8 de decembro desenvólvese na vila camariñá a terceira edición do III Mare de Invernía, un mergullo na historia salgada da comarca.

Porque ademais, a Sala dos Naufraxios e da Historia Marítima de Camelle cumple un ano de vida. E para celebralo, o sábado 7 de decembro, ás 12 da mañá, a Asociación Naufraxios Galegos fará unha descuberta de tres fabulosos elementos patrimoniais orixinais, pertencentes ao inmortal naufraxio do Serpent, porque a pesar das valoracións da RNLE, dende Naufraxios Galegos entenden que unha das áncoras rescatadas dunha praza de Muxía si que que é do Serpent, e pronto darán novos argumentos.

Ademais, haberá unha fermosa feira de Nadal con postos de artesanía, bebida e comida, actuacións musicais, visitas guiadas, proxección dunha peli mítica e remate co faladoiro sobre a nosa memoria mariñeira adicada especialmente aos nosos falecidos no mar, homenaxe incluída…

Máis novas

Comentarios