Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Camiño Sen Límites abre a todo o mundo a súa 5ª etapa

Imaxe dunha etapa do camino sen Limites
Imaxe dunha etapa do Camiño sen Limites
O Camiño Sen Límites abre a todo o mundo a súa 5ª etapa
O Camiño Sen Límites afronta a súa 5ª etapa

Si, o Camiño dos Faros non ten límites. E se non que llo digan á Confederación ANPAS Galegas, que levan xa realizadas 4 etapas en familia con toda clase de persoas. Maiores, pequenos, xentes con diversidade funcional… a ninguén se lle resiste o Camiño dos Faros gracias á esta organización.

Abren estes días a inscrición para participar na 5ª etapa, que se desenvolverá o 14 de setembro, cun percorrido de 7kms entre Camariñas e o Cabo Vilán.

A saída será en bus dende a Casa do Concello ata o Faro, para facer o traxecto de volta, pasando pola praia do Lago, praia do Pindo, Ermida da Virxe do Monte, Portocelo e o Castelo do Soberano. Remate con visita ao Museo do Encaixe e musical de Man, a cargo do alumnado do CEIP Labarta Pose de Baio – Zas.

Acompañará a expedición a ambulancia e bus do concello de Camariñas para movemento de conductor@s, unha furgoneta de apoio do concello de Carballo; Protección Civil do concello de Camariñas. E todos contarán con 3 seguros: de RC, Accidentes Voluntariado e de Participantes.

Comentarios