Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A central de vendas MerCamariñas, que tende a man á hostalería, xa ten os primeiros 20 establecimentos

O comercio ambulante un dos mais castigados coa campana Mercamarinas
O comercio ambulante, un dos máis castigados, únese a campaña Mercamariñas
A central de vendas MerCamariñas, que tende a man á hostalería, xa ten os primeiros 20 establecimentos

Segue en marcha a posta en marcha da plataforma ‘MerCamariñas’, unha central de venda online para o comercio local, que xa conta cos 20 primeiros participantes en apenas unha semana de vida. A través da web www.mercamarinas.com, os establecimentos terán unha opción de tenda online común, para competir coas grandes superficies.

Adherirse a esta campaña é totalmente gratuíto e o goberno local anuncia que, logo desta primeira remesa, se ampliará este plan abrindo a posibilidade de participación para os locais de hostalaría. O portal estará xestionado tecnicamente pola empresa local WP Nordés e os comerciantes só se terán que encargar dos produtos que poñan á venta e de promocionar o seu espazo virtual a través das redes sociais.

Ademais, abren a posibilidade de participación aos locais de hostalaría, como llo trasladarán nunha reunión formal cando o permita a situación sanitaria.

Novas relacionadas

Comentarios