Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os centros de ensino de Camariñas volven navegar

O obradoiro dual de emprego ‘Camiño ao emprego’ comeza a acondionar o esquecido centro de Aldea Madeira
O Mar Na Escola en Camarinas 2021
Arrincou o programa O Mar Na Escola 2021 en Camariñas
Os centros de ensino de Camariñas volven navegar

O Concello Camariñas retomou o programa ‘O Mar na Escola’ nos centros educativos. O alumnado de 5º e 6º dos centros de ensino volven subirse a este programa formativo que enche de mar e de deportes náuticos o programa educativo, tralo parón acontecido o pasado 2020 tras 16 anos de actividade.

Xa comezaron as sesións teóricas, e en breve farán as sesións prácticas. Desde o Concello queren agradecer á Real Federación Galega de Vela as súas xestións e apoio para que os e as participantes estean perfectamente cubertos co seguro de accidentes pertinentes.

O obradoiro dual de emprego ‘Camiño ao emprego’ comeza a súa actividade en Camariñas

Acondionando Aldea Madeira
Rozando o abandonado espazo de Aldea Madeira

O alumnado do Obradoiro Dual de Emprego ‘Camiño ao Emprego’ promovido polos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo, da modalidade ‘actividades auxiliares en conservación e mellora de montes’ comezou as tarefas de roza, limpeza e poda no monte Covadiña de Brañas Verdes (Aldea Madeira).
O alumnado-traballador, composto de 12 alumnos e alumnas, será o encargado de mellorar o estado deste espazo baixo a formación e organización do seu monitor Manuel Remuiñán.

Por outra banda a especialidade de turismo, composta por 8 alumnos e alumnas coa monitora Sandra Pesqueira ao fronte, está traballando no deseño e execución dunha visita guiada que leva por nome “A muller, o encaixe e o mar” na que trata de por en valor todo o relativo aos oficios desenvolvidos polas mulleres no concello camariñán.

Comentarios