Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A cita medieval do Encaixe no Camiño xa ten programa completo

Programa Encaixe no Camino 2024 Camarinas
A cita medieval do Encaixe no Camiño xa ten programa completo

Unha das 4 citas medievais do verán da Costa da Morte dase en Camariñas. Da man da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, os próximos 19, 20 e 21 de xullo terá lugar o evento “O Encaixe no Camiño”, Un evento que traslada á vila encaixeira aos tempos da visita do Rei Alfonso IX, e que durante Todos os días, terá numerosas actividades na rúa, ambiente musical, xogos populares…

Ademais, a programación completase con:

Venres  19 de xullo

17:00 Apertura do mercado de postos medievais e ambiente musical.

Sábado 20 de xullo

11:30 Desfile de comparsas

12:00 Saída da comitiva dende a Casa da Pedra cara o porto para recibir ó Rei Alfonso IX.

12:30 Presentación dos actos no porto.

    Desembarco do Rei Alfonso IX.

    Recreación teatral da chegada do Rei.

19:00 Conferencia sobre “O vínculo de Alfonso IX e o Encaixe no Camiño”  Historiador convidado José María García-Osuna.

21:00 Concerto de música: Troianos de Compostela e Belem Tajes e a súa banda

Domingo 21 de xullo

9:30  Saída dende a  Praza do Mercado  da camiñata, acompañando ó Rei Alfonso IX ata Cereixo, facendo paradas con representación teatral en Xaviña e Cereixo.

18:00 Recreación do desembarco da Dama italiana, que segundo a lenda, ensinou a palillar.   

18:30 Desfile de moda do encaixe de Camariñas.

Comentarios