Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Concello de Camariñas impulsa a creación dunha ordenanza de saneamento

O pleno
fachada maritima de camarinas
O Concello de Camariñas impulsa a creación dunha ordenanza de saneamento
O goberno local de Camariñas levará este venres, 26 de novembro, a pleno a aprobación inicial dunha ordenanza de saneamento, que se deseñou para adaptarse ao regulamento vixente e co obxectivo de mellorar o control das augas residuais que se verten á rede e aos colectores de titularidade municipal.

Este texto persegue os seguintes fins:

  • Adecuar a calidade da auga dos efluentes da EDAR municipal ao medio receptor,
  • Previr danos ou alteracións que poidan reducir ou anular a eficacia dos procesos de tratamento da estación depuradora,
  • Garantir o bo funcionamento de todas as infraestruturas,
  • Evitar poñer en risco a saúde de traballadores e poboación,
  • Posibilitar a reutilización das augas residuais,
  • Evitar emisións incontroladas á atmósfera e que os lodos de depuración teñan concentracións de contaminantes que non permitan o seu aproveitamento.

Por outra banda, o goberno local levará tamén a pleno unha proposta para actualizar o Imposto de Instalacións, Construcións e Obras (ICIO) e igualalo así ao porcentaxe que se aplica nos municipios colindantes, pasando dun 2% a un 3%. Lembran as cifras de Vimianzo (3%), Zas (chega ao 4% nalgúns tramos), Cabana (preto do 3%), Muxía (3%) e Laxe (3,5%).

Comentarios