Camariñas presentará alegacións contra as zonas restrinxidas á pesca deportiva nos portos de Camariñas e Camelle

Hai un mes a Xunta anunciaba as restricións que cada porto imporía para a pesca recreativa. Un dos primeiros concellos en presentar alegacións será o de Camariñas, que presentará alegacións ante Portos de Galicia pola resolución que impide a pesca recreativa en Camariñas e Camelle.
O goberno local presentará unha moción no vindeiro Pleno da corporación, o 25 de setembro, para intentar modificar as zonas que vén de calificar a Xunta como prohibidas para a pesca. “Supoñen unha afectación á actividade usual de moitas e moitos veciños”, aseguran, polo que pedirán que “se modifiquen as zonas nas que está permitida a práctica da pesca en ambos portos, xa que nestes tramos en concreto, as actividades portuarias non son intensivas”.
Os edís do grupo de goberno están en constante contacto coa veciñanza que vén practicando esta actividade desde hai tempo, e que supón unha tradición para o pobo, sendo outro dos atractivos turísticos do municipio. Os planos nos que se marcan as zonas nas que podería permitirse a pesca por non “interceder nas actividades portuarias” serán enviados a Portos de Galicia,
Restricións no porto de Camelle
- Máis información: Ver os planos dos portos con restricións.
Obras
Mentres, o Concello comeza as obras da rede de sumidoiros de Area da Vila ca finalidade de recoller todas as acometidas das casas, co obxectivo de eliminar os verquidos ao mar e recuperar a calidade da auga no areal.
Novas relacionadas
- Agosto 2021: A Xunta regula a pesca recreativa nos portos.
- Xullo 21: Portos debulla 3 niveis de restrición para a pesca recreativa nos peiraos autonómicos.
- 06-06-21: Manifestación en Compostela dos pescadores recreativos: “Somos deportivos, non somos furtivos”.
- Xuño 21: “Non ao Real Decreto" sobre a Regulamentación da Pesca Deportiva en Augas Exteriores.
- Maio 21: “Pescar non é delito. Deixádenos pescar!”.
- Abril 21: Os pescadores recreativos pediron a apertura dos portos en Malpica.
- Febreiro 2021: Así son as normas que vai impoñer Portos para a pesca recreativa nos peiraos e así é a proposta da Confraría de Malpica:
- Decembro 2020: Os pescadores recreativos de Malpica tamén protestan pola súa inxustificada criminalización.
- Novembro 2020: Os pescadores recreativos saen aos portos para pedir que non se lles trate como delincuentes.
- 2017: Caso “Luras”, peirao de Malpica: A gran mentira.
- 2017: Un pescador de luras do porto de Corcubión.