Coñecendo a Juan Cabrejo con ‘Eu Son Camariñas’
Ex futbolista profesional, e agora director da Escola de Fútbol do Concello de Camariñas. Juan Cabrejo é toda unha lenda do fútbol costeiro.
A través do ”Eu son Camariñas”, proxecto municipal creado para dar visibilidade ao talento do Concello encaixeiro, coñecemos moito profundamente as súas vivenzas.
Juan Cabrejo estudou ensinanza infantil na Coruña, aínda que para exercer nese campo tardaría uns poucos anos. A súa carreira como futbolista comeza no Camariñas F.C. co cal logra acadar o título da Copa da Costa, a primeira que lucirían as vitrinas do Hermanas Patiño. Deu o salto ao fútbol profesional primeiro co Compostela B e posteriormente co primeiro equipo da mítica entidade do fútbol galego. Estivo na SD chegando a debutar na mellor liga do mundo no momento: a Primeira División Española, xunto aos Fabiano, Penev, Nacho… Logo partirá e recadará en lugares como Eibar, Elche, Ceuta e Cartaxena. Agora volveu a súa terra para xestar a nova xeración de futbolistas da Costa da Morte dende a súa escola de fútbol.
Pincha aquí para ver a entrevista.
Entrevistas de “Eu son Camariñas”
- A avogada camellá Lucía Baña, protagonista da nova entrevista da serie #EusonCamariñas.
- A enfermeira e deportista Paula Esteiro, protagonista dunha nova entrega de "Eu son Camariñas”.
- Luna Suárez, a terceira protagonista do ‘Eu Son Camariñas’.
- Alicia Ogando, María Oanes e Laura Rodríguez, 3 sanitarias que son Camariñas:
- O escritor Víctor Fernández Alves, protagonista da reactivación do programa audiovisual #EusonCamariñas.
- Os maiores recuperaron a memoria do Entroido camariñán a través da rede.