Venres. 29.03.2024
El tiempo

96 nen@s xa disfrutan da ‘Escola de Fútbol Concello de Camariñas-Juan Cabrejo’

Escolas Fútbol Camariñas 1 copia
96 nen@s xa disfrutan da ‘Escola de Fútbol Concello de Camariñas-Juan Cabrejo’

Levamos anos dicindo a que a municipalización é unha das saídas máis reais para o fútbol base costeiro. Cada vez é máis complicado para os clubs, por separado, seguir mantendo as infraestruturas da canteira, e de aí que exemplos como os de Carnota, Zas ou Vimianzo sexan extrapolables ao resto da comarca.

Acaba de pasar en Camariñas, onde ‘Escola de Fútbol Concello de Camariñas-Juan Cabrejo’ fusiona as categorías biberón, prebenxamín, benxamín, alevín e infantil de todoo Concello. Os clubs Camariñas CF, SD Camelle, Porteño FC e As Baleas uniron forzas para que os 96 rapaces e rapazas disfruten dunha escola con todas as facilidades. Xa levan adestrando dende setembro, pensando no inicio da competición (aínda non ten data), pero esta semana viviron a súa presentación oficial.

Escolas Fútbol Camariñas copia

Non falaron a alcaldesa, Sandra Insua, e o concelleiro de Deportes Fabián Canosa, que pousaron xunto co coordinador desta escola, Juan Cabrejo, e os seus adestradores, Juan Porrúa, Carlos González, Pepucho e Iván Pose.

Comentarios