Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A Croa de Camariñas ponse mans á obra no coidado do monte

Asociacion Croa de Camarinas forestal
Adriana Rod. Luaces presentando a Croa de Camariñas
A Croa de Camariñas ponse mans á obra no coidado do monte

Boa acollida por parte da veciñanza de Camariñas para a presentación da recén creada da Asociación de propietarios forestais "A Croa de Camariñas”. Unha entidade que pode ser un gran exemplo para unha comarca que esquece o seu tecido forestal.

A trintena de pequenos propietarios que se asocian nesta entidade presidida por Adriana Rod. Luaces, quixeron compartir os seus intereses principais: manter limpos os seus montes, diminuir o risco de incendios, e intentar xerar movememento económico ao seu arredor.
De feito, xa avanzaron que irán paso a paso, e que os primeiros pasos serán enfocados ás limpezas de camiños.

Conseguiron ademais o compromiso das administracións. Concello e Xunta, con presenza da alcaldesa Sandra Insua, e do Director Xeral de planificación e Ordenación Forestal da Consellería de Medio Rural, José Luís Chan, comprometéronse para colaborar estreitamente coa entidade, pois consideran ademais o nacemento dunha entidade coma esta, fundamental para coidar o territorio, facilitar o traballo e conseguir aforrar cartos en apagar lumes para poder dedicalos á prevención.

Tamén estivo Daniel Canosa, enxeñeiro dumbriés que formou parte do xérmolo da entidade ao impartir uns obradoiros da Xunta en Xaviña.

Nace a Croa de Camarinas

Comentarios