Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Danza de Arcos de Camelle celebrou o seu 40 aniversario

  • Digna Rodíguez, veciña camellá, pon en valor o aniversario desta ilustre tradición.
40 aniversario danza arcos camelle
A Danza de Arcos de Camelle celebrou o seu 40 aniversario

No verán de 1982 un grupo de mozos e mozas decidía emprender a Danza de Arcos de Camelle. Unha danza diferente a que se facía en Camariñas, xa que non só ían participar homes, senón tamén as mulleres, a ritmo de muiñeira e cun paso marcado.

Dende ese ano, sen perder máis que os dous anos que nos roubou a pandemia, a partir de San Xoán, todos os días dende as 21h, comezan a xuntarse no Campo do Santo, os danzantes dos Arcos a ritmo da Muiñeira de Carballo, percorren as rúas de Camelle para ensaiar para o seu gran dia, a festa do Carme, a primeira fin de semana de Agosto, acompañados de Jolpe de Mar.

Gaitas en Camelle

Non importa que non sexan de Camelle de nacemento, só teñen que ser de sentimento. Por esta danza de Arcos xa pasou xente de Inglaterra, Euskadi, Madrid, Andalucía, Canarias, Sàhara e este ano de Ucraína. Tod@s teñen cabida, só hai que ter ganas de bailar e pasalo ben.

É un orgullo ver todos os anos a pais e fillos bailando xuntos, familias enteiras que se xuntan cada ano para bailarlle a Virxe do Carme coa nosa Danza de Arcos.

40 anos nos que pasaron xeracións e xeracións de Camelláns e Camellanas. Xa tivemos que despedir a algún dos nosos danzantes dos que nunca nos olvidaremos e lle rendiremos homenaxe.

Gracias a aqueles precursores pola súa iniciativa e a todos aqueles que ano a ano fan perdurar a tradición.
Longa vida a Danza de Arcos de Camelle!
Orgullo Camellán.

  • Digna Rodríguez.

Comentarios