Luns. 07.10.2024
El tiempo

Denuncian a nefasta xestión da cafetería e da cociña do Hospital Virxe da Xunqueira

Denuncian a nefasta xestión da cafetería e da cociña do Hospital Virxe da Xunqueira
Cafeteria do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee Cafetería do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee

Son varias as denuncias que levamos recibidas nos últimos tempos de varios familiares de pacientes e traballadores do Hospital Virxe da Xunqueira sobre o servizo da cafetería. De feito, moitos traballadores están a realizar xa un “boicot” e non consumen na mesma en protesta pola baixada de calidade, pero sobre todo, pola política laboral da empresa concesionaria, que a levou a despedir a dúas traballadores o pasado mes de febreiro. Unha situación que nos fai, unha vez máis, reflexionar sobre a concesión de privada desta clase de servizos en centros públicos. O interminable asunto da piscina municipal ou o servizo de cociña en centros de ensino son outros exemplos.

Comezando cun farol

Para falar da cafetería do HVdX temos que remontarnos a 2005, cando a empresa multinacional Sodexo, unha das máis grandes compañías de servizos de comida e administración de instalacións do mundo, asumía a concesión da cafetería e tamén do servizo de cociña que se serven aos pacientes.
Segundo nos contan varios afectados, nada máis aterrar no HVX, no seu primeiro día como xestora dos servizo de cociña e cafetería e baixo amenaza de despido inmediato a quen non o fixera, instou a todos os traballadores que asumia a asinar un novo contrato con eles o que implicaba que a antigüidade laboral (algún con xa 5 anos de traballo) que posuían ditos empregados iríase ó traste afectando directamente ós seus soldos (os pluses por trienios pasarian a ser de “0” euros, iniciando unha nova conta dende a data deste novo contrato) así coma a outros posibles aspectos económicos futuros (véxase: indemnización por despido).

Con tal ultimátum e ante a desinformación xerada pola nova adxudicataria os empregados, coaccionados polo medo a perder o seu posto de traballo, asinaron o novo contrato. Só houbo un traballador (unha das traballadoras despedida recentemente) que non se deixou coaccionar e levou á empresa a xuicio. E a lei doulle a razón dado que na subrogación da concesión a nova contrata deben asumir e manter ós traballadores tanto en número coma nas condicións previamente existentes no momento to troco. Pódese dicir que Sodexo iniciou a partida cun farol, e saiulle ben.

Unha longa política de ameazas e presións

Como acontece de forma máis que habitual neste pais coas adxudicatarias de obras e servizos, a agresividade coa que as empresas compiten nos concursos publicos lévalles a axustar ó máximo a contía que ofrecen para conseguir susoditos concursos. Como exemplo delo temos o das constructoras que a metade dunha obra piden máis cartos porque o presuposto ofrecido nun primeiro momento non é suficiente. Coa empresa Sodexo sucedeu o mesmo. Ó pouco de ter iniciada a actividade os xestores dos servizos da cafeteria e cociña do hospital de Cee explicaron que os números non lles saían e con ese motivo iniciouse un proceso de axuste de custes afectando directamente ás calidades e cantidades dos alimentos que se ofrecían. Algo que calquera cliente da cafeteria do hospital así coma os pacientes ingresados, levan padecendo fai anos.

E cando se fala de calidades e cantidades sirva de exemplo o seguinte: no ano 2009, a raíz dun traballo de fin de Grado de Enfermería realizado neste hospital determinouse que o 100% das dietas que estaban a ofrecer no hospital non cumplían os criterios de mínimos calóricos e nutricionais esixidos para garantir a boa alimentación dos pacientes.

Das protestas dos pacientes e clientes, e coa propia inciativa dos traballadores, que detectaban un detrimento continuo na calidade dos pratos ofrecidos, e coa colaboración da dirección do HVX daquel entón, presionouse para que a empresa Sodexo incluise no seu cadro de personal un nutricionista que axustase e revisase as dietas para reconducir o descontrol existente. Hoxe en día hai unha persona designada para tal función, sen un diploma de auxiliar de dietética, que segue as directrices que dende da empresa. Ademais este profesional debe combinar ese traballo coa de camareira e pinche segundo a empresa necesita.
Consecuencia: as dietas servidas ós pacientes seguen a distar moito do que deberían ser.

Para os pacientes que nalgun momento estiveron ingresados en outros centros coma son o da Coruña ou de Santiago, está clara a diferencia neses menús: aquí ofréceselles menos cantidade, menos calidade, peor sabor. De feito, actualmente existe unha nova recolleita de sinaturas coa iniciativa dos traballadores do hospital para instar á subdirección do centro a que tome parte no asunto.

Últimos despedimentos

No 2016 remataba a data da concesión polo que se abriu concurso a finais do 2015 para que novamente as empresas interesadas optasen a xestionar cociña e cafetería. De todas as que se presentaron, Sodexo foi novamente a que gañou o concurso. No pliego de condicións imposto polo SERGAS incluiase unha na que a empresa adxudicataria debería facer unha reforma na cafetería co cambio dalgúns electrodomésticos industriais. A empresa Sodexo ofreceu 46000€ para esta reforma, unha contía que directamente fixo que posibles empresas competidoras (algunhas tan potentes coma EULEN) desistiran sequera de facer unha oferta alternativa.

Agora ben, durante o anterior periodo de concesión, a empresa Sodexo tomou un par de medidas para axustar os turnos da actual plantilla: contratou unha persona para poder dar cobertura ós dias libres que doutra forma non poderían disfrutar os dous camareiros que estaban en plantilla, xa que esta era deficitaria, acortou o horario de apertura da cafeteria, abrindo máis tarde e pechando máis cedo. Isto último supoxo un pequeño trastorno para algúns dos profesionais que estando de garda usan as instalacións de cafetería para cear.

Con todo, o pasado 22 de febreiro a direccion da empresa Sodexo decidiu despedir a dúas traballadoras: unha camareira e un pinche de cociña. Os motivos? Que durante o ano 2016 a empresa tivo unha baixada de ventas e que polo tanto precisaban facer un axuste de personal para así manter os beneficios obtidos dentro dos marxes que no seu momento calcularan.

Resulta estrano que durante a época máis dura da crise a empresa non chegou a plantexar o despido de ninguén, e que agora non calculase ben os custes antes de presentar de novo a súa candidatura á concesión… E resulta estrano analizar os prezos, pois os da cafetería do HVdX son máis caros que os doutros centros de referencia galegos. Por exemplo, o custe do menu: 8,5€ no HVX (sempre que se tome con auga, non con refresco, o que encarecería 1,5€ máis); contraponse cos 7,15€ menu na cafeteria do CHUAC da Coruña. E iso que a do HVdX ten competencia directa ben preto, non como o CHUAC, que podería subir os prezos sen apenas outras opcións arredor.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios