Luns. 07.10.2024
El tiempo

Tres deportistas das Escola de body de Camariñas triunfan no Campionato Galego

Bodyboar en Valcobo
Antón Caramés, terceiro no podio de sub18
Tres deportistas das Escola de body de Camariñas triunfan no Campionato Galego

Ata Valcobo se desprazaron este pasado sábado varios deportistas da Escola de bodyboard de Camariñas que coordina Ubuntulife. E os rapaces costeiros demostraron estar a gran nivel, conseguindo tres podios na primeira proba da Liga Galega de Bodyboard.

Da man do @arteixosurfclub, e co paraugas da Federación galega de Surf, os camariñáns gozaron dunha divertida tarde de surf, conseguindo ademais grandes resultados.

Roberto Lema (Traba, Laxe) quedou campión sub14, categoría na que Manuel Lema (Ponte do Porto) acadou o bronce.
Pola súa parte, Antón Caramés (Camariñas) conseguiu a medalla de bronce en sub18.

Comentarios