Dequenquén publica na rede o cómic sobre o Foxo do Lobo de Reira

13:35 16/05/20
Continúa o proceso de recuperación patrimonial da Asociación Dequenquén do Foxo do Lobo de Reira (Camariñas). Un lugar singular, único na comarca, que merece cada acción, dende unha festa popular ata un cómic.
De feito, dende dequenquen.org xa podemos ver a banda deseñada “A Filla do Lobo”, creada pola asociación, co guión do propio Bernardino Martínez, e as ilustracións e maquetación de Neva Noctiluca.
A historia toma como base a coñecida lenda da "peeira dos lobos”, este relato gráfico somérxenos na Costa da Morte medieval e naquela práctica das batidas dos lobos. Arredor deste tema, mestúranse feitos históricos como a reconstrución e posterior asalto do mosteiro de Santa María de Tosto, e as incursións viquingas nas costas galegas.
Ver o cómic www.dequequen.org.
Novas relacionadas
- Recunchos da Costa: As praias de Reira e o foxo do lobo.
- Camariñas recupera o patrimonio e a festa popular do Foxo dos Lobos, un recurso único na provincia.
- a href=https://www.quepasanacosta.gal/articulo/camarinas/reira-acollera-unha-recreacion-en-vivo-dunha-batida-no-foxo-do-lobo/20171228065252086651.html>Reira acollerá unha recreación en vivo dunha batida no Foxo do Lobo.
- Recuperando o patrimonio popular dos Foxos do Lobo.