Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Instalan ascensores en 3 centros de ensino da comarca

Visitia da Xunta ao CEIP de Ponteceso
Visitia da Xunta ao CEIP de Ponteceso
Instalan ascensores en 3 centros de ensino da comarca

 A Xunta está aproveitando a época estival para realizar obras de accesibilidade en varios centros de ensino da comarca. Concretamente está a a investir máis de 200.000 euros, colocando tamén ascensores no CEIP de Bormoio-Agualada en Coristanco e no CEIP O Areal de Camariñas.

As obras de accesibilidade permiten avanzar nestes centros no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para impulsar centros educativos máis sostibles e innovadores.

Obras noutros centros educativos Bergantiños-Costa Morte

Sinalan que levan 26 actuacións que inclúen sete grandes obras en Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo e Ponteceso, a instalación de placas fotovoltaicas en centros educativos de Carballo e Cee e 17 obras menores en 13 colexios e institutos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte.

Comentarios