martes. 17.06.2025
El tiempo

Detidas tres persoas de Camariñas por 5 roubos con forza

Roubo na Igrexa de Agualada.jpeg 2
Imaxes do roubo da Igrexa da Agualada do pasado marzo
Detidas tres persoas de Camariñas por 5 roubos con forza

O Equipo ROCA da Compañía da Garda Civil de Carballo, con sede en Vimianzo, en colaboración coa Garda Civil do Posto de Camariñas e do Posto Principal de Carballo, vén de deter a 2 homes e 1 muller, veciños de Camariñas, como presuntos autores de 5 delitos contra o patrimonio.

Os feitos ocorreron por mor do incremento de delitos contra o patrimonio durante o mes de febreiro nas localidades de Camariñas e Coristanco, o que xerou unha alarma social entre os residentes deses municipios.

A Garda Civil iniciou unha investigación en aras do esclarecemento dos mesmos, logrando tras a análise exhaustiva da información solicitada a identificación dos presuntos autores.

Unha vez coñecida a identidade, a Garda Civil procedeu á detención destas persoas como presuntos autores de dous delitos de roubo con forza en establecementos da localidade de Camariñas, un delito de atraco a sucursal bancaria na mesma localidade, e un delito de roubo con forza nunha igrexa de localidade de Agualada e un delito de roubo de uso de vehículo de motor na localidade de Coristanco, continuando coa investigación aberta ante a sospeita de que puidesen ser responsables doutros ilícitos da índole acaecidos en zonas próximas.

Comentarios