As praias costeiras convertidas nun bazar de segunda man

Volvía realizar a familia de voluntarios e voluntarias de Mar de Fábula unha nova limpeza de lixo mariño na praia de Nemiña, en Muxía. Un dos espazos naturais máis incribles de toda a Costa da Morte, pero que coma sempre, por desidia ou por despistes, acaba convertido nun bazar de multi produtos ou nun mercadillos de segunda man.
Se ben dende a entidade entenden que os usuarios da praia durante este verán terían limpado moito (pensaban que ía estar máis castigada) acabaron recollendo case 64 kg de lixo, dos que salientan 3 pelotas (dúas delas en condicións de ser reutilizadas), un mecanismo para anclar a táboa de surf ao vehículo e que tamén vai ser reutilizado, 1 bidón de grandes dimensiones (como vedes nas imaxes), 3 nasas de polbo de plástico (cacharros), 1 saco de 100L cheo de botellas e algunha lata de bebidas, multitude de cordas, cabos e chicotes para a pesca.