En marcha a XXII Mostra de Encaixe de Camariñas


Do 4 ao 8 de abril a vila de Camariñas engalanarase na súa cita máis internacional. A XXII Mostra do Encaixe de Camariñas achegará a milleiros de persoas á vila conserveira, coma sempre, dende 1981, en Semana Santa. I e que falamos dun certame comercial e cultural declarado de Interese Turístico de Galicia.
Seguirá así a Mostra dinamizando o sector do encaixe, incluíndoo no contexto cotián pero tamén no sector da moda, un asalto vital para a supervivencia dunha tradición coma esta.
Dentro do recinto feiral, o visitante, entre outras actividades, atoparase con exposicións, demostracións ao vivo e venda de encaixe elaborado en diversas partes do mundo.
Pero sen dúbida, as verdadeiras estrelas deste coñecido evento son as "Escolas Infantiles de Palillo", que día a día fan demostracións da súa arte, e fan que a tradición teña continuidade.
29 finalistas noveis

E coma sempre, unha das citas máis importantes será o XIX Concurso de Noveis Deseñadores. Este ano recibíronse propostas de 79 noveis deseñadores, todas elas merecedoras de ser finalistas pero só se puideron seleccionar 26 memorias.
Novas relacionadas
- Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- Mostra 2010: Alberto Neves gañou o Concurso de Deseñadores Noveis.
- Mostra 2010: A cara máis sensual do encaixe.
Máis novas
- Relatos da Costa, Un século máxico: Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Inditex quere incluir o encaixe nas súas prendas de alta gama.
- Camariñas abre un Programa de promocion do traballo cooperativo e comercializacion do encaixe.
- Escoitando ás palilleiras e o liño.
- "Outros fíos na rede" leva a artesanía camariñá á rede.
- A auga groumet de Cabreiroá vístese de encaixe.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).