Etrella e Eperansa. Dúas novas estrelas da rede do "fondo sen pozo" de artistas que xa é Camelle
Camelle é un “fondo sin pozo”, en canto a artistas se refire. Así o di sempre Deme Marcote, unha das primeiras que rompeu, o ano pasado, o telón para que Camelle abríse as portas do seu gran teatro humorístico. Se ben hai algunhas das artistas que xa voan por libre, o grupo de monologuistas “Mortos de risa” creado a finais de ano segue medrando, facendo rir a media comarca coas súas invencións auténticas. Aos Luís Baña, Alberto Baña, Lolo, Belén Tajes, Isma Cernadas... súmanselle xa na rede dúas novas artistas.
Levan apenas 3 mesess na rede e xa son todas unhas estrelas. Son precisamente “Etrella” e “Eperansa” (@eperansaeetrella) e reventan a internet enteira coas súas ocorrencias polos arrabaldes de Camelle.
Elas son dúas irmás “con máis opinión ca dentes e máis cachondeo que verjonsa”, como as define Demi, así que pasade canda elas para non parar de rir.