Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Faro Vilán abre a temporada recoñecendo o valor do Camiño dos Faros

Camino dos Faros no Faro vilan
O Faro Vilán abre a temporada recoñecendo o valor do Camiño dos Faros

 

Abre, por Semana Santa, a nova temporada turística o Faro Vilán. Volve ser o único faro aberto da Costa da Morte gracias ao compromiso da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, que consegue sufragar o investimento das persoas que permiten que estea aberto.

A partir deste xoves 28 de marzo, o Edificio de Servizos Múltiples do Faro Vilán de Camariñas será unha oficina de turismo, das poucas que existen operativas en toda a comarca, permitindo visitar o Centro de Interpretación de Naufraxios, Faros e Señalización Marítima da Costa da Morte.

Ademais, a sala de exposicións albergará unha exposición do Camiño dos Faros "Unha paisaxe a cada paso". Mentres as administracións enredan entre sendas do litoral e demais sucedáneos, os Empresari@s de Camariñas apostan por darlle valor a este tesouro turístico xa consollidado a pesar do esquecemento das administracións.

O horario permanente ata o verán será de mércores a domingo de 10-14 e de 15-18, pechando luns e martes como é habitual por descanso do persoal.

Comentarios