Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O Faro Vilán segue medrando con máis turistas e novas exposicións

  • A AEPT organiza novas excursións pola Costa da Morte, Santiago de Compostela e A Coruña
Exposicion Peregrinas no Faro Vilan 1 2
O Faro Vilán segue medrando con máis turistas e novas exposicións

Fai balance Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas queremos facer balance dos visitantes que pasaron polo faro Vilán o pasado mes de maio de 2024. E sae un balance positivo xa que durante o mes pasado visitaron o faro Vilán un total de 1.359 persoas, o que supón un crecente aumento dos visitantes en comparación co ano pasado pola mesma data (1.173 persoas). Como dato máis salientable, o 76% dos visitantes son nacionais, dos cales o 39% son galegos.

Exposición

WhatsApp Image 2024-06-05 at 13.15.58
Inauguración da expo Peregrinas

A entidade, para ofrecer unha visita máis completa, segue renovando as súas exposicións. Este mes de xuño toca coa pintora Viktória Szabó, que chegou a Fisterra como peregrina en 2017, foi entón cando decidiu instalarse. No Camiño e despois da súa chegada coñeceu moitas mulleres. A maioría deles decidiron facer un cambio radical na súa vida e por iso quedaron moito tempo ou residiron dende entón en Fisterra.

A autora realiza retratos especiais nesta serie “Peregrinas”. “A técnica que utilicei como base para os meus debuxos e pinturas chámase “decalcomanía”, e foi unha das técnicas máis empregadas no surrealismo. Creo fermosas formas vexetais, naturais e texturas biomórficas en papel ou lenzo. Entón gústame debuxar nesta base cun bolígrafo ou lapis Pitt”, explica a autora húngara.

Exposicion Peregrinas no Faro Vilan 1

Excursións

A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas vén de anunciar que retoma o proxecto de rutas turísticas pola Costa da Morte, Santiago de Compostela e A Coruña que comezarán no vindeiro mes de xuño e poderán realizarse ata novembro. Todas as rutas partirán do porto de Camariñas ás 10 da mañá e regresarán sobre as 8 da tarde. Realizaranse cun mínimo de 15 inscritos.

  • O xoves, cun prezo de 50€, con bus e comida, realizarase a ruta Camariñas-Fisterra: Camariñas, Cereixo, San Martiño do Ozón, Moraime, Muxía, Fisterra, Corcubión, O Ézaro, Pazo Trasariz, e regreso a Camariñas.
  • O venres, cun prezo de 50€, con bus e comida, realizarase a ruta Camariñas-Laxe: Camariñas, Laxe, Castro de Borneiro, Dolmen de Dombate, Torres do Allo, Batáns de Mosquetín, Castelo de Vimianzo, Iglesia de Xaviña, Camelle e regreso a Camariñas.
  • O sábado e o domingo será visita libre por Santiago de Compostela e pola Coruña respectivamente, cun precio da viaxe de 35 euros, viaxe de ida e volta sen incluír a comida.

Excursions Costa da Morte AEPT Camarinas

Comentarios