Venres. 30.10.2020
El tiempo

A Fundación Paideia e Estudios Mans seleccionou á artista Belém Tajes para o proxecto Mans Xuntanza Creativas

Belem Tajes nos Concertos de Elas son Artistas de Cambre
Belem Tajes nos Concertos de Elas son Artistas de Cambre
A Fundación Paideia e Estudios Mans seleccionou á artista Belém Tajes para o proxecto Mans Xuntanza Creativas

A cantante camariñá, ex vocalista do grupo Luar na Lubre, integrante e impulsora doutros grandes proxectos musicais, sociais e solidarios, vén de ser seleccionada pola Fundación Paidea e Estudios Mans como unha das artistas que levarán a cabo o proxecto Mans XuntanzasCreativas con vistas ao Xacobeo 2021. Durante catro días, do 8 ao 12 de outubro, con xornadas de 8 horas de traballo e, xunto ao resto dos artistas seleccionados, compartirá talento e sabiduría musical na residencia artística-creativa Mans para crear un tema en galego que recopile tradicións pero tamén que sexa actual e contemporáneo.

"Estou moi sorprendida por ser unhas das escollidas pero tamén estou expectante por ver como se darán as condicións para levar a cabo este proxecto" engadiu a vocalista camariñá.

A Fundación Paidea Galiza, a través de Estudios Mans aposta pola creación e gravación dunha peza musical para o Xacobeo 2021 que beba da tradición do folclore galego pero que se achegue a novos estilos e sonoridades. Para elo contou con Belém Tajes, Sofía Espiñeira e Los Jinetes del Trópico.

Mans Xuntanza Creativas

comentarios