venres. 17.10.2025
El tiempo

Instalado na Praza do Mercado o primeiro punto de recollida de paquetes de Correos

Alcaldesa e xefe de sector de Correos Jose Manuel Costa Juncal na Praza do Mercado de Camarinas
A Alcaldesa e o xefe de sector de Correos, Jose Manuel Costa Juncal, co novo punto de recollida na Praza do Mercado
Instalado na Praza do Mercado o primeiro punto de recollida de paquetes de Correos

Parece que Correos ten claro o camiño: precarizar o servizo no rural para despois substituír os carteiros por puntos fixos de recollida. Despois de anos de protestas pola mal funcionamento do servizo, a mellora conseguida en Camariñas é un punto de recollida de paquetes de Correos, que se sitúa na Praza do Mercado, un lugar alternativo á oficina postal tradicional onde a clientela pode recibir ou enviar os seus paquetes dun xeito sinxelo e moito máis áxil.

Ante a redución de horarios que están a sufrir as oficinas de Correos no municipio, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, solicitou que se instalase esta infraestrutura. Nas próximas semanas instalarase noutras localizacións do municipio.

Este armario automatizado conta con compartimentos de distintos tamaños. Unha das principais vantaxes é que tanto os envíos como as recollidas poden facerse fóra do horario habitual das oficinas de Correos, con procesos cómodos e flexibles e, ademais, reducindo as colas nas oficinas.

Máis novas

Comentarios